Inicio

Sergio Zearreta en el escenario de la obra Fariña bajo una lluvia de billetes
La silueta de tres personas dibujada contra el fondo del escenario en Fariña
Sergio Zearreta en el escenario de la obra Fariña bajo una lluvia de billetes
Tres persoas fumando en la penumbra, en una escena de la obra de teatro Fariña
Sergio Zearreta hablando por teléfono durante la obra Fariña
Los actores del espectáculo teatral Fariña bailando con trajes gallegos
Melania Cruz con un megáfono durante la obra Fariña
Graciela Carlos vestida de blanco y cantando durante la obra Fariña
Oswaldo Digón vestido de traje en el escenario de Fariña
Los actores de Fariña cantando y bailando durante el espectáculo

Sinopse

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Xosé A. Touriñán, Sergio Zearreta, Marta Lado, César Goldi e Graciela Carlos.

Fariña non permite ao espectador nin acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga suceden conversas entre rapaces e veciños das vilas falando, mercando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha.

O elenco de actores entran e saen da escea meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercancía a escondidas…

O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade.

De pronto, en escea, escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro. E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia. En forma de nais, rapaces afundidos e, por fin, operacións policiais.

Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao sair do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

O elenco de actores entran e saen da escea meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercancía a escondidas…

O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade.

De pronto, en escea, escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro. E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia. En forma de nais, rapaces afundidos e, por fin, operacións policiais.

Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao sair do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

Fariña nas Naves del Español

Fariña no Teatro Alcázar

Fariña no Teatro Jovellanos

Promoción

Sobre o narcotráfico

Entrevista con Nacho Carretero

Sergio Zearreta y Marta Lado en escena

Galería

Los actores de Fariña bailando en el frente del escenario

Fálase do espectáculo

“Esta Fariña no depende de nada ni de nadie y vuela alto por sí sola. No traerá a la memoria ni la estructura de la novela ni el tono de la serie –ni falta que le hace-; pero tiene todos los elementos necesarios para ser lo que es por derecho propio: un muy buen espectáculo que aúna disciplinas diversas para armar un todo con entidad propia que, o mucho me equivoco, o comienza un largo y exitoso camino.”Hugo Álvarez DomínguezButaca en anfiteatro

“Buen ritmo, buena música en directo y hallazgos como la regueifa (una especie de rap secular gallego) que los actores cantan para resumir el círculo vicioso que implica en el narcotráfico a todas las capas de la sociedad”Raquel VidalesEl País

“Fariña no teatro é hora e media longa de excesos, gargalladas, bailes rexionais e dramas gordísimos, como o foron aquelas décadas.”José Precedoeldiario.es

“En pouco menos de dúas horas cheas de crecente interese, cinco extraordinarios actores trasladan do escenario ao patio de butacas o día a día, as encrucilladas, as tentacións, o terremoto social, político e económico que supuxo en Galicia o abandono do contrabando do tabaco polo da droga.”José-Miguel VilaDiario Crítico

“A interpretación de todos é máxica, facendo conectar ao espectador desde o minuto un. Interpretan a adolescentes, a nais desoladas, a policías e a contrabandistas, e todo o elenco é capaz de separar as personaxes e dar o máximo en cada unha delas.”Ylenia Santana Navarromoobys.es

“A desmitificación da historia, o realismo co que se conta todo, fai que nos metamos moito máis no relato, que nos doa todo e nos golpee con máis forza. Todo contado co toque xusto de humor e a dose exacta de drama. […] Unha montaxe que ten todos os vimbios para triunfar, para sorprender a propios e estraños.”Fernando Muñoz JaénVista teatral

“Hai que estar disposto, ser capaz de unirse xa coa primeira escena e fixarse e desfrutar deste magnífico elenco que compón Fariña. As súas interpretacións permítenche permanecer de verdade dentro do que está pasando, permítenche durante máis de cento cinco minutos compartir o seu universo, o seu universo teatral.”L. M. ÁgredaTribuna Valladolid

Fariña na prensa

César Goldi ante una foto de la llamada generación perdida de Vilagarcía de Arousa

Ao redor de Fariña – Adiccións de hoxe explicadas no teatro

Unha conversa entre Xosé A. Touriñán e o equipo de Fariña cos Doutores en Psicoloxía e expertos en prevención de condutas adictivas Antonio Rial, Manuel Isorna e Patricia Gómez

Ao redor de Fariña é unha iniciativa social complementaria á obra teatral. A fracción comunitaria que nos permite afondar, dende o coñecemento, a realidade pasada e presente nun contexto continuo de novas adiccións.

Coa participación de diferentes expertos na materia, as diferentes sesións organizadas pretenden analizar a nosa sociedade actual, contextualizándoa sobre as táboas para, finalmente, reflexionar sobre as conductas adictivas e incidir sobre a importancia da prevención das mesmas.

Unhas xornadas lúdico-educativas dirixidas á mocidade e tamén ás familias, que perseguen ser facilitadoras na discusión interxeracional, asentando ás bases da conversa tanto no contexto inmediato do proxecto como fóra del.

Con este proxecto, en colaboración coa Deputación da Coruña, créanse espazos seguros e dinámicos nos que compartir información de carácter social dunha forma diferente e atractiva. A educación en valores necesaria para evitar o que noutro momento da nosa historia deu nunha auténtica traxedia.

UNHA PRODUCIÓN DE:

Logotipo Ainé Producións Logotipo de O que teño media

DISTRIBUÍDA E PROMOVIDA POR:

Logotipo de Matel Cultura

COA COLABORACIÓN DE:

Logotipo de Xunta de GaliciaLogotipo de Concello da CoruñaLogotipo do Concello de LalínLogotipo de INAEM

CO PATROCINIO DE:

Logotipo de Estrella Galicia Logotipo de Deleite

Aviso legal

Este proxecto de Ainé forma parte do Plan Estratéxico ‘FIAR’, e conta con financiamento de